domingo, 21 de octubre de 2012

Miña terra Galega.

Podría dicir centos de calificativos para Galicia ,calificativos xa coñecidos por todos os que algunha vez na súa vida oiron falar de Galicia ,coma en Galicia "sempre chove " ou o típico "malo será ",pero non , vouvos falar do que para min representa e é esta fermosa terra .
     Creo que para todo o mundo o nacer nun lugar determinado ,o condiciona para amar esa terra ou polo menos ter un certo cariño por esos lares .Eu como boa galega gústame a miña terra ,en especial os lugares nos que tive a sorte de visitar e ver .


      O que máis me gusta de Galicia é ese contraste entre bosque ,monte e mar .Eses bosques nos que un pódese perder admirando a súa fauna autóctona ,as súas plantas e árbores e respirar ese aire puro e fresco .Da igual a época do ano ,xa sexa primavera ,verán ,outono ou inverno ,todas esas estacións representan unha das súas esencias especiais no bosque ,coma o aroma a terra mollada ou a eucalipto .Bosques que guardan lendas ,lendas que perviviron na historia galega ano tras ano .Estes bosques forman parte da nosa terra ,da nosa historia.Os montes que teñen moito contraste na costa ,podes estar no cumio dunha montaña observado a maxestuosidade do mar ,como rompen aquelas ondas que impoñen respeto .Galicia terra de contrastes .
      O mar é para min o máis bello da nosa terra ,o poder sentarte na veira do mar e observar a súa fermosura ,esas ondas tan calmas uns días e tan feroces outros .E se tes a sorte de ver aos golfiños saltando no mar ,podes darte por afortunado .
      Pero isto do que falei é a natureza de Galicia ,parte da súa esencia pero non o é todo ,xa que esconde fermosas cidades ,monumentos de orixe celta ,castillos ,fortalezas ,un sinfín de cousas que constitúen a súa historia e a súa fermosura. Tamén ten os seus personaxes ilustres que dotaron a Galicia de fama e fortaleza .
Deberíamos estar orgullosos de ser galegos e protexer a nosa terra ,a súa historia ,a súa esencia ,sen olvidarnos de que somos españois .So quédame dicir que é un pracer ser galega e aquí os amoso unha canción que reflexa moi ben a miña visión sobre Galicia .

http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=pg5dLHef2oc

1 comentario: