martes, 20 de noviembre de 2012

A nosa mitoloxía



Nestes días que andades a argallar relacións entre o presente e o megalitismo galego, apareceron varias novas e artigos en varios medios de comunicación que poderíades publicar. Podedes comezar con esta interesante reflexión de Manolo Gago sobre as lendas das mouras, a propósito da reutilización contemporánea dos vellos relatos. 
Entre as moitas ligazóns na rede sobre lendas populares podedes visitar a  Enciclopedia da fantasía popular de Galicia, ou ver este pequeno resumo documental da Mitoloxía de Galicia, por si serve de inspiración,: Deberíades vela e comprobar a relación entre megalitos e as lendas tradicionais. Veña ho.. abride as mentes á fantasía dos nosos devanceiros...



No hay comentarios:

Publicar un comentario