A
primeira constancia que se ten deste territorio é que foi de tipo
castreño, coa súa orixe na Idade de Ferro, que abarca as tres
últimas centurias antes de Cristo, onde o traballo metalúrxico, era unha das actividades que exercían as xentes de aquí.
Nun
primeiro momento a superficie do xacimiento ocuparía dende a praia
de Santa Comba ata Ponzos, debido ás súas características
defensivas, gran diversidade de recursos naturais e alimenticios e un
espazo ideal para o resguardo das súas embarcacións.
Pouco
a pouco as forzas erosivas do mar irán separando o terreo ata
convertelo en dúas illas, unha delas onde se encontra a actual
ermita.
A
actividade metalúrxica levada a cabo durante estes anos non sería
posible sen a existencia duns fornos, cuxos restos foron encontrados hai pouco
A
adicación a esta actividade, ven dada en parte polas reservas
metalíferas no seu territorio, dende Valdoviño ata Covas, que ao longo
da historia se fixeron descubrimentos de útiles minerais.
A
existencia de estas minas provocou unha forte atracción nos
navegantes atlánticos e sobre todo mediterráneos, quenes non
abandonarían estas rutas ata a conquista romana.
O
asentamento sufre unha transformación coa aparición dun espacio
exterior urbanizado entre ambos muros, máis unha renovación
das estructuras domesticas, que á súa vez supón a destrucción da
parte superior dos hornos, abandoados xa con anterioridade
Isto
forma parte da última fase castreña.
A
seguinte fase, pertence ao pleno dominio romano, é cando estas
terras son explotadas para administrar os seus recursos para outros
puntos romanos.
Sen
embargo hay un tempo no que estes territorios se abandonan
Tamén
é moi posible que o asentamento de Santa Comba, non fose
abandoado totalmente, dado que parece que foi un referente
importante para a navegación na costa Ártabra
A última fase de ocupación relacionase coa etapa
altomedieval.
Se señala a posibilidade da existencia dun monasterio fundado por monxes
irlandeses no século VI en
Santa Comba. Aos poucos anos tiraríase para construir a actual ermita.
Entre
os restos encotrados das diferentes épocas destacan:
- O conxunto cerámico romano: un recipiente de forma aberta, con os restos do asa. Este hallazgo se clasifica dentro do momento altoimperial.
- Restos dos recursos alimenticios utilizados polos habitantes do xacimiento, na súa gran maioría son especies relacionadas co medio marino; espiñas de pescado e conchas de marisco
- Tamén se recolleron restos óseos pertencentes a animales domésticos, sobre todo de ovellas e cabras
Lenda
A
construcción de esta ermita está unida a unha serie de creencias
relixiosas e supersticiosas, a lendas pasadas.
Se
conta que Santa Comba, acompañada do seu fillo San Silvestre , veu
cruzando o mar cun barco de pedra , ata chegar á Insua do Medio,
illa onde hoxe en día se encontra a ermita.
A
barca de pedra sería a que hoxe en día esta pousada sobre o chan
deste lugar
Restauración
Durante
o ano 2006 aparte das investigacións arquelóxicas, iníciase un
proceso de restauracion da ermita.
Prensa
É evidente que este feito foi recollido polos xornais, xa que supoñía o descubrimento de elementos e historias de épocas lonxanas, e sen embargo pasaron desapercibidas aos nosos ollos durante centos de anos.
Eu decidín escoller a Voz de Galicia como fonte destas noticias.
Agora aporto unhas imaxes onde se pode ver o proceso de restauración da ermita, máis o estudo arquelóxico,contando coa axuda dos veciños, ademáis do precioso enclave onde se sitúa este paraxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario