miércoles, 28 de noviembre de 2012

Liberdade e igualdade: utopía.



Vouvos contar unha historia que teño oido dende moito tempo. 
É a historia da liberdade:

- Eu son a nena. A primeira nena de tódalas nenas e a única. Os meus pais non sei de onde sairon, pero ata agora, non coñezo a ninguén da miña idade. Tódolos demáis son máis maiores, e as mulleres teñen barrigas, de onde non paran de sair pequenas criaturas parecidas a nós. Penso que son maior ca eles, pero non sei canto. En realidade non sei cantos anos teño, porque non contamos os dias, nin as horas, nin nada. Nin sequera falamos. Asi que imaxinade, eu non existo. Por qué así é.  
Eu soamente veño a contarvos, a vós, que sodes os meus descendentes galegos, como é a miña vida,  máis ben, o pouco que sei dela. 
Porque situar, moito non me situo. Eso sí, orientamonos grazas á natureza, ao sol e aos deuses.

Aínda así, coñezo moi ben as tarefas que levamos acabo todos os dias. Pásome o dia recollendo froitos silvestres e axudo á miña nai coa nosa vestimenta. Arrancamos as peles que non comemos, dos animais que matamos.
Cando os homes van matar aos animais, eu quedo nun cobertizo, feito de palla, follas e madeira. Mentres, as mulleres queiman na fogueira de fora, as carnes dos animais mortos que imos comer. 
A verdade, é que actuamos por instintos, a verdade é que nin pensamos. Simplemente, buscamos a maneira de sobrevivir e facemos plans para atacar aos animais e non quedarnos sen comida. Se o maior obxectivo, que é a vida, resulta dificil por que non hai alimento ou hai malas colleitas. Temos que marchar en busca doutro lugar, somos nómades.
Pero aínda así, realizamos ritos aos deuses para que non nos falten as boas colleitas, pero sobre todo, para coñecer o mundo do máis alá, o mundo dos mortos.
Cando un dos nosos morre, cremos na reencarnación. Por eso realizamos rituais relacionados co sangue, para que volva a nacer noutro mundo e non soamente finalicen esta vida. Construimos mámoas e ali enterramos aos defuntos.
Nós, non estamos obrigados a nada, soamente preocupanos vivir. Se facemos algo mal, ninguén nos vai dicir nada, xa que ninguén razoa.
O único ao que tememos é que os deuses nos ataquen a través dos fénomenos naturais. 
E todo o que encontramos, experimentamolo, xa que non temos coñecemento algún. E somos aficionados á conexión co máis alá, a través de elementos da natureza, coma algunhas plantas que presentar un camiño ou via sobrenatural, que nos achega ao mundo dos mortos e deuses.
Pero esta forma de vida, é a da liberdade completa e absoluta. Sen normas e sen leis. 

Gustariavos non ter preocupacións? Soamente vivir para comer, para manter relacións sexuais, e para alcanzar un estado pleno, a través das drogas?...Pensadeo, é unha boa vida. Unha moi boa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario