miércoles, 8 de mayo de 2013

Andrés

Este traballo comeza con Rocío. Minto. Esta historia comeza con Rocío.
Rocío cantou algo asi como.. "me duele la piel de estar en tu espalda me duele la risa de usarla en la playa" e eu ao chegar a casa busquei esa mesma frase en Google. Piedras y Charcos, Andres Suárez

Escoitei dita canción pensando nun cantautor que debería ser de Madrid, de Mallorca, de Canarias! Ata que escoitei No me queda un abril para ti, nesta canción Andrés quería volver ao norte ao seu lugar, quería ver se os rosais cambiaran e quería saber que hai de malo nunha casa xunto ao mar, quería voltar a escoitar o seu acento nos andenes despidindose.. 


Primera pista: Norte. Picábame a curiosidade.. 


Youtube recomendábame que escoitara vídeos relacionados e aparecía "Luna de Santiago" Santiago é unha cidade moi coñecida pero Andrés falaba da luna de Santiago cunha familiaridade moi inquedante. Escoitei outras cancións, todas falaban de salitre,da saraiba, do frío, da morriña.


Cheguei a "La vi bailar flamenco" dicía algo así.. dime a mi que hace un gallego en Cadiz soñando bulerías. Era galego. Volvín a escoitar a primeira canción na que contaba que lle doía a espalda de utilizala na praia concienciada de que falaba dunha praia galega, e gustoume o triple. 

Non pasou nen sequera unha semana ata topeime con Rocío e unha tal Laura. Laura non saudou nin sequera, Laura abriu a boca e cantou Piedras y Charcos cunha familiaride que eu non entendía. Acabou e presentouse como Laura Suárez. Rocío fixo incapié no "Suarez". a quen se che parece? dicía Rocío..

Si, a irmá de Andrés Suárez e ademáis de ser a irmá do cantautor da semana pasada era a alumna do meu pai . Poñedevos na miña pel, eu levaba escoitando as cancións de Andrés toda a semana e aparece Laura falándome del como quen fala dun irmán, con esa naturalidade e con esa costume..  


Ninguén de Ferrol parecía coñécer as súas canción e eu non facía outra cousa que recomendalo.  Andrés era a banda sonora de todos os meus días, e o segue sendo. Falábame dunha rubia teñida de medos, dunha camareira que quixera ser algo máis, falabame da más bela de Madrid e falábame da muller que bailando flamenco cambioulle a vida.. As súas historias atrapábanme todos os días a todas horas..


Forxei unha amizade con Laura. Outra cantante incrible.





Nas navidades do 2011 quedei con ela, ao parecer tiña un regalo para min.




"Patri, ojalá nunca te falte salitre. Un bico grande, cargado de futuro. Salud"

Andres trataba  "Cuando vuelva la marea"  como un dos maiores acertos da sua vida.  Na súa dedicatoria falaba de Laura, que fíxose muller sin el querelo, dicía que era a muller da sua vida. Andrés, que loitaba todos os días encima dun escenario agradecialle dende Pantin, en primaveira do 2011 os acordes e notas imposibles a Javier Ruibal, a Juan Luís Guerra, a Chaouen, a Sabina, a Pablo Milanés.. E sobre todo ao mar que ven sus ollos.  Ao que no momento que escribiu a dedicatoria tiña ao lado. Ao escenario onde queria pasar a vida que lle queda, feliz, como o era nese momento. Prometíanos a todos os que lle seguíamos vernos na seguinte marea.

A seguinte marea na que prometeu verme cadrou en Xoves. Pub Sónar, Santiago




Ao chegar a Santiago, Laura presentounos ao seu irman, quen invitounos a tomar unhas cervezas á súa saude. Esperaba que nos gostara o concerto.

Non sei como explicalo para que os fagades unha idea, eu me repitía a min mesma que non podía parecer unha fanática tola, mirandoo con cara de parva xa que el non me falaba a min como se fóra alguén que o admiraba moito, senón como unha amiga da sua irmá pequena que o escoitaba de vez en cando. Comezou o concerto con "Hay algo más"







Non había nin un metro de distancia entre os músicos e o público. Non sei explicar as sensacións que se palpaban no pub, nin os ollos da xente. Andrés rematou o concerto dicindo que un aplauso podía mentir, pero que unha mirada non o facía nunca.


Pasou o tempo.. Estrenou videoclip "no quiero volver a verte, te di mas importancia que a la paz mundial"





Cantou en Salamanca, en Barcelona, Madrid.. O meu pai tarareaba as súas cancións e Andrés xa era coñecido en todo o meu entorno. Cada vez aparecían máis videos en youtube, as súas cancións xa aparecían para descargar e non sei como, pero acabou cantando con Milanés en La Habana..





Acudín a un segundo concerto coa súa familia, seis meses despois do primeiro. Esta vez foi na Sala Capitol, un teatro con barras aos lados. Esta vez cantou dende un escenario.. 


Ver mapa más grande






Fai dos semanas Andrés estreou en Madrid o seu novo disco "Moiraima"




Hoxe mesmo acabo de escoitar a Andrés en Cadena Dial..

Así coñecin a Andrés e estou segura de que vos mesmos acabaredes por coñecelo, xa sexa na radio ou pola Rúa Real de Ferrol.  O considero unha peza clave para o meu concepto de cultura galega. Polas súas letras, pola súa tenrura, pola súa mirada, polos seus acordes, polas súas elocuencias e ata pola súa familia..

A banda sonora de todos os meus días tiña que aparecer aqui. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario