miércoles, 8 de mayo de 2013

En Galicia tamén hai campos suizos


É sabido non? Iso de Galicia, o seu pasado miserento, pobre xente que tivo que deixar ás súas familias, "as viúdas dos vivos, as viúdas dos mortos", décadas de fame, partidas, búsqueda de recursos... Estes son conceptos, definiciós, factores, causas e consecuencias, estudadas ata a saciedade. Pero, poden seguir quedando restos de todas eses conceptos que identificamos co pasado? É curioso, a dificultade que para nos supón mirar o noso entorno con retrospección, que nos impide darnos conta do propio presente e das consecuencias emigratorias que se poden enumerar.
Non vamos a ter en conta as xa máis evidentes, as máis fácilmente recoñecibles como os afincamentos definitivos de xente que en principio "só era unha tempada", para conseguir cartos, pero acabou quedando alí, formando novas familias, ou deixando ás súas propias, quen sabe, unha vez que se toma a decisión de marchar.

Ás voltas, son moitas veces un trago agridulce: xa acotumados a esa nova realidade, descoñecida, imposta, facendo de tripas corazón... Sen embargo, unha vez acadadas as espectativas (que moitas veces establecer cando se volve é o máis difícil), chegar outra vez a esa terra que abandoaron, a súa empobrecida e miserenta terra.
Tamén foi habitual, que toda a familia se instalase nun país, é dicir, sen estar separados, cada un desempeñando o papel máis acorde coa seu rango. O triste destes casos é que a volta era menos segura, porque non había un alicente emocional ou sentimental para voltar á casa.
Todas estas cuestión sonan, se saben.
Da maneira que eu quero enfocar a emigración é como a viven os que quedan: imaxino unha aldea pequena, dos anos 50 ou 60, veciños de sempre, marchando a Suiza e Arxentina, quizáis esa esperanzadora despedida, se quede tan só nun recordo.
Como feitos físico por dicilo dalgunha maneira, temos a presencia de casas indianas, ostentosas, desentoando co entorno da orixe do seu propietario, (paradóxicamente). Grandes galerías e vetanales, tellados con ornamentación, acabados con formas extrañas que non teñen nada que ver con Galicia, cores exóticos e grandes fincas. Son un oasis de América, as pegadas que nos recordan a porqué de esa construcción, non sendo unha asa calquera, poderíase dicir que case o símbolo que representa á perfección a penuria máis grande da emigración: as xentes que non souperon como levala dunha maneira apropiada.
Por otra banda, temos outra evidencia: o abandono de casas, logo é de lóxica. Os que fuxiron cara un novo futuro deixaron tras de sí os seus restos, que quizáis nunca maís volveron a ser de quen eran. Agardando anos e décadas, agora habitadas por zarzas e enredadeiras, mesmo algunha parecen que foron deixadas nun momento exacto, parece que aínda teñen vida entre as súas paredes. O que transmite esta visión e desolación: casas desanxeladas.
Este vídeo está formado por partes seleccionadas por min, dunha película chamada Un franco 14 pesetas que desde o primeiro día que a vin me gustou, ademáis creo que reflexa perfectamente todos os trexemanexes da emigración, neste caso a familia protagonista é madrileña, pero traspasado á situación de Galicia é prácticamente o mesmo, non se centra nun prototipo en concreto.





Exemplos do anteriormente citado:


 


 

 




No hay comentarios:

Publicar un comentario