martes, 21 de mayo de 2013

Españoles, la televisión ha muerto



Hoxe cando estaba almorzando decateime, outra vez, do que xa me tiña decatado moitas veces, pero o certo é que velo ó levantarme, se xa teño un mal espertar sempre, cando me deteño diante do televisor xa nin vos conto... Permítame utilizar un eufemismo, bastante apropiado diría eu, para describir o que ás 10 da maña están dando na televisión. 

MERDA. 

 Iso é todo. É dabondo. Pero non só ás dez, once ou doce da mañá nunha canle concreta... A todas horas en calquera canle. Pública ou privada. Poucos se salvan. Programas ou cadeas. Series ou documentais. Fusións entres canles ou eliminación dunha porque a audiencia non a recibe coma se esperaba. Expansión con canles temáticos ou cadeas autonómicas.
As que se lles ve entre liñas a ideoloxía do que din ou as que máis parciais son, ou mesmo as que disfrazan as noticias con noticias, chamaríamos, menores, que ocultan o que de verdade podería ser noticia coma tal. Noticia coma tal que sae nos xornais estranxeiros pero non nos do propio país, un intento de manternos cunha sutil delicadeza na ignorancia? Parvos, se fósemos ignorantes non saberíamos ler entre liñas das novas que non se atreven a darnos, mellor dito, se o fósemos, nin sequera saberiamos que hai xornais e outros medios alleos a nós que, ó parecer, saben máis do que pasa no país que os seus propios cidadáns. 

Non nos chegaba con que nos tomaran como parvos que nin idea de política teñen, como para que veñan tamén coa televisión ás costas como escusa de manipulación… Sendo sincera, non tiña nin a menor idea de política, nin quero, por moitas veces que me teñan dito de estudar Ciencias Políticas. Non grazas. Non quero ser unha incompetente máis. Prefiro ser alguén que sabe que a toman por parva. Deixar ós demáis felices co seu intento de manternos na aparente ignorancia, da que por sorte escapamos. 

Non vou falar de política, nin do que esta influenciou á televisión ou o suxeita e dependente que son unha doutra. Vou falar do que miña nai máis eu vimos cambiar na televisión, ela dende os anos 70, na ditadura, a piques de chegar a transición, eu na democracia chegando quen sabe onde. Pero esquecédevos da política e centrádevos na televisión. Na “caixa tonta”, facendo honor ó que dixen antes, a iso de que nos toman por parvos e a televisión iso o sabe, e se sentira, se isto fose poesía, podería dicir que ata lle doe a alma ó ver o lixo no que se foi convertendo. Querería voltar á carta de axuste dos 50. A ter unha programación limitada, a descansar todo o día sen ter que controlar a audiencia, sen ter que controlar quen ten o mando a distancia, a ter a seguridade de que se unha familia estaba ante a televisión só estarían vendo a ela. Querería voltar ós tempos da TVE coma cadea única, por moi limitada ó goberno que estivera. Polo menos non se lle levantaría dor de cabeza ó ver no que a estaban convertendo, era algo máis aceptable que a transformación brutal que temería no miña casa, e na de todos, no século XX, e xa finais dos 90. Como vedes non so os cambios danse nos réximes políticos, na economía ou no pensamento, danse en calquera obxecto, e a televisión, coma símbolo mediático dunha revolución, non ía ser menos. As vantaxes e alegrías que provocou a súa primeira entrada nun fogar contradín moito as miñas ganas, e supoño que de moitos de vós, de tirala pola ventá. Tanto dependemos da televisión que fai nacer en nós instintos asasinos? Tanto nos comeron o cerebro? Non. Rectifico. NON QUERO QUE ME LAVEN O CEREBRO. Non quero que a televisión volva a ser de nova o telón co cal manipular xeracións enteiras, e iso está agora moi disperso coa variedade de ideoloxías que rexen unha canle, mais penso que non debería ser así. Ceñirse á parcialidade e ó entretemento, coma dixo miña nai, “entretenimiento sano”. Un dez mamá. Iso é o que fai falla, xa que tanto nos fan quedar coma parvos, polo menos que sexa cun entretemento saudable para o noso cerebro, que nos abstraia da rutina e dos seus intentos de manipulación, non que nos faia avergoñarnos máis aínda da nosa política, da nosa tradición televisiva, ou peor aínda se cabe, da imaxe que teñen de nós os xornais que saben máis do noso país que nós mesmos… 

Todo isto foi o resumo ó que cheguei falando coa miña nai dos cambios da televisión, nos últimos anos, e acabamos falando da carta de axuste… Da televisión que ela vía…

Non había televisión pola maña. E mentres non había tiñan a carta de axuste posta. Cando voltaba pola tarde do colexio vía os debuxos. O Circo. Aquí eu recordei as reposicións de Gaby, Fofo e Miliki co seu “¿Cómo están ustedes?” tan astía, pero á vez, para min, felizmente repetido. Na TVE. Eu os vía na 2.. con que antes só había unha canle… as noticias ó mediodía e o circo ás 6 da tarde, nada máis… e eu con centos de canles, metafóricamente que na miña casa inda non chegamos á televisión por cable, para escoller onde ver os debuxos... Cos anos apareceu a 2, pero alí so daban películas e documentais. Seguiu así pero co tempo non se cerraba a emisión, cortábase e listo, a carta de axuste. E na fin de semana? Un, dos, tres! Outro topicazo dos grandes para a miña cabeza, o programa da cabaza esta tan simpática co bastón, o dos xogos de preguntas, o das azafatas, o da melodía pegadiza, o que toda a miña familia vía con emoción os venres pola noite… O que eu, nacida no 95, recordo tan ben. Ledicia dos programas conmemorativos do aniversario dalgún programa anhelado. Pode que eu o recordase con tanta alegría coma a miña nai, era un deses “entretenimientos sanos”, pero un, non centos que acaban cun chisco de atisbo de competencia e rencor pola da outra cadea de televisión.  Antes de chegar ós 70 daban películas pola noite, debuxos as fines de semana, ó mediodía, despois das noticias, Heidi e Marco, eses… Debuxiños cos que eu chorei na miña infancia, por moi repelentes e cansinos que semellen agora; moito mellor cas divagacións de agora son, poucos, de novo, sálvanse. E programas musicais! Se os recordo eu é polas reposicións. Apareceron as autonómicas, a TVG, comezou frouxiño, dando as novas e con debuxos. Xabarín Club? Non, iso foi despois… Xabarín Club, no 94, cando meu irmán tiña 9 anos e eu aínda non nacera, cando era Xabarín Club, un experimento xeracional co que crecemos centos e centos de nenos e nenas galegos, non a contaminación co único resto da súa esencia no porco que tan felices facía as nosas tardes… Máis competencia… Aquí xa empezaron máis tarde as privadas. As privadas e os seus “programas basura”. Mami, lévote a Sálvame ou a La Noria. E de farándula. Puxéronse as pilas. A competencia, a audiencia… Que os fixo tolear e contaminarse… Bueno, tamén tiñan o entretemento “sano”… Máis ou menos, polo menos non era unha variedade tan insoportablemente similar nunha canle e noutra- e que non se dean por aludidas ningunha das dúas maiores cadeas de televisión que compiten tan limpa e xustamente por unha sana audiencia que perderá o xuízo en breves, que non, que non va por vostedes-… O 23F, La casa de la pradera, Eurovisión, o asasinato de Calvo Sotelo, o anuncio da morte de Franco… O que vimos todos supoño. E eu incluso tendo soamente 18 anos. 

Creo que queda moi claro o que penso da televisión de hoxe en dia, dese mundillo que tanto me chamou sempre a atención, dese mundillo do que incluso teño dito "Eu quero traballar ahí". Non no mundillo da farándula e de lixo, do que o critica con certa sutileza e ironía, sen querer manipular a ninguén, só entreter. 

Esta canción que aquí vos deixo dun dos meus grupos favoritos, que si, seino, estamos a falar de Galicia e eu vou e falo duns estadounidenses, pero... que queredes se xa estou contaminada pola televisión? Reflexa o que acabo de dicir da evolución actual da televisión, máis que nada cando di "I'M SICK OF ALL THE SAME OLD SHIT", que ven sendo coma un, XA ESTOU FARTO DE TANTA MERDA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario