lunes, 6 de mayo de 2013

Feismo urbano

O termo feismo xa fala por si so. Algo "feo", si. Pero non pensedes nunha persoa ou nalgún obxecto material. Bueno, nun obxecto material. A grandes dimensións e nun sentido desfigurado á vez que abstracto si o é. Iso si engloba o termo feismo a grandes dimensións, claro.

Con iso é difícil comprender o que é o feismo, mais pouco a pouco e xunto con este video, iredes comprendendo o que é.



Os que estudamos Historia da Arte temos traballado moito o concepto de armonía na filosofía grega. A armonía como máxima que rexe tanto ó individuo coma ás súas creacións. Armonía, que, coma ben di ela mesma, é unha estabilidade entre as distintas partes dun corpo, dunha estrutura, e neste caso, dunha arquitectura. Arquitectura galega, concretamente. Porque se estamos orgullosos dos nosos tópicos da calificación de morriñentos, porque non estalo de ter un modelo arquitectónico propio? Se mo din así, a primeiras, coma un boom arquitectónico novedoso que rompe coas normas establecidas, pois si o estaría. Mais se logo xa me din que co que rompe é coa armonía visual tanto no rural como no medio urbano... Pois daquela eu xa non estaría tan leda de ter unha corrente arquitectónica propia... Non pensedes que é unha moda, aínda que o pode parecer dados os resultados que vemos na rúa de grandes contrastes de edificacións ou construccións no medio rural máis propias da cidade que rompen coa máxima grega. Eu non o estaría, non. O certo é que me detería a pensar no porque dese deterioro das construccións, o porque desas grandes diferenzas de tamaños entre as casas, o porque desas cores postos ó chou nos edificios dunha urbanización, o porque das súas diferentes alturas, o porque da apariencia de deterioro e abandono que presentan algúns, que é, ás veces, un abandono en si e outras unha simple manifestación do gusto do arquitecto ou do dono que rompe coa armonía.

Non podemos buscarlle unha causa concreta a este fenómeno. Non pensemos na pobreza que fai que teñan ese aspecto tan diferente unhas edificacións doutras. En todo caso sería o contrario . A riqueza dos que se poden permitir rompero coa armonía establecida impoñendo o seu gusto sobre ela. Aínda que ás veces poida que o abandono si veña determinado pola pobreza. Pero podermos atoparnos tamén con causas xa máis xeneralizadas que esixirían dunha explicación máis detallada, como poderían ser o perimso das lexislacións urbanísticas, unha demografía dispersa, as migracións do campo á cidade, a especulación urbanística...

Mais a causa que máis dano nos debería facer ó noso orgullo sería a da suposta, que ás veces, faise moi evidente, falta de interese pola arquitectura tradicional galega.

Este vídeo recolle nos arredores da miña vivenda os aspectos que máis me impactaron deste fenómeno no ámbito urbano.



No hay comentarios:

Publicar un comentario