domingo, 5 de mayo de 2013

Os aparecidos

Non podemos falar de cultura galega sen falar do tema da morte en Galica.Dende sempre oín na miña casa as historias e lendas de aparecidos que meus avós contaban á miña nai e aos meus tíos cando estes eran rapaces . Historias que sucedían ou sucederan cando eles eran novos, a parentes, veciños ou a eles mesmos.

Un dos temas principais desas historias é o tema dos aparecidos e das visións premonitorias. Agora ides a ser partícipes das historias que se lembran na miña casa: 







video










video




Doutro dos temas dos que non nos podemos esquecer é o da Santa Compaña.É unha das moitas lendas sobre o tema da morte que hai en Galicia, e a pesar de que non se encontran testemuños escritos sobre ela ata o século XIII, para achar as súas orixes hai que remontarse a tempos ancestrais e a distintas tradicións.

En que consiste a lenda da Santa Compaña?

Normalmente, as ánimas circulan en dúas fileiras, xeralmente envolvidas en sudarios brancos, (nalgúns debuxos poden encontrarse de negro), coas mans frías e os pés descalzos. Adoitan levar nas súas mans unha luz, xa sexa un facho, unha vela ou un candil, poden ser mesmo ósos acendidos. Tamén é frecuente que vaian tañendo pequenas campás e que deixen ao seu paso un tenue olor a cera acompañado dun suave vento (sinais que nos permiten saber que a comitiva está a pasar). Á fronte vai un espectro de maior tamaño, chamado Estadea.


A procesión ha de ir encabezada sempre por un vivo, o cal porta unha cruz e ha de guiar ás ánimas polos camiños da comunidade, dende o cemiterio ata a casa das vítimas previamente elixidas. Este guía é a primeira persoa coa que se encontran, normalmente nunha encrucillada de camiños (é máis probable que isto sucede na Noite de San Juan ou en Samain), que é obrigada a incorporarse á comitiva, levando, ademais da cruz, unha vela que lle entrega un dos espectros e un caldeiro de auga bendita, e estando obrigada, ademais, a non volver nunca a cabeza cara a atrás. O vivo só pode librarse da pena entregando o facho, coma se fose un relevo, a outro viandante que se encontren no camiño ou ben facendo un círculo no chan, cunha rama de oliveira bendicida no domingo de Ramos (porque é a única que preserva dos enganos do demo), e encerrándose nel.
Como toda lenda, a que nos ocupa tivo tamén diferentes versións: algunhas sinalan que entre os membros da comitiva figuran tres vivos: o guía (que porta a cruz e o caldeiro), o campanillero e outro que pecha a procesión e que é o que vai morrer. Noutras, as ánimas portan un ataúde aberto no que xace o próximo defunto.





Cre tamén que o condenado a facer de guía nesta fúnebre procesión non recorda nada durante o día, e que vai enfermando pouco a pouco ata que morre. Os seus veciños poden saber que está condenado pola súa delgadeza e palidez extremas, pois cada noite a súa luz é máis intensa e cada día a súa palidez é maior; como non se lles permite descansar ningunha noite, a súa saúde vaise quebrando pouco a pouco ata que morren, e por iso cre que quen se encontra coa Santa Compaña é porque lle queda pouco tempo de vida.



Non todos os mortais poden ver a Santa Compaña. Segundo a tradición, só certos "dotados" poden facelo: aqueles que de nenos foron bautizados por erro co óleo dos defuntos.
Por que as ánimas dos mortos vagan polos camiños buscando os vivos?
Hai varias respostas para esta preguntas, en función da versión da lenda que se estea a manexar. 


Para entender estas dúas causas hai que acudir tamén á tradición relixiosa. Antigamente, enterrábase a xente cun hábito pechado que era a vestidura necesaria para entrar no ceo e no purgatorio, pero ese mesmo hábito era tamén o que impedía á alma facelo se quedaba algunha culpa pendente, polo que sen que lle "resgasen o hábito" non podían saír da súa pena eterna e era entón cando se aparecían aos vivos.

Había tamén un ritual para estes casos: o que os sacerdotes facían entón era trazar dous círculos, un na terra e outro no ceo, e unha cruz protectora, resgarse as vestiduras (o hábito que leva posto, de aí a orixe desta expresión) para que poida saír a pena que o atormenta e conte o que hai que facer para liberalo.


Como poden protexerse os mortais da Santa Compaña?

Antigamente, ao final da misa, o sacerdote dicía unhas oracións para protexer os fieis destas aparicións. Ademais diso, a tradición popular engade cousas como levar enriba escapularios, obxectos sagrados, allos ou castañas de indias.
Todo iso a xeito de prevención, pero cando a procesión de almas está nas proximidades, o mellor é non se asomar ás ventás, pois se nos ven quererán entregarnos un cirio branco para que llo gardemos, volvendo ao día seguinte recollelo e arrastrando con el aquel que llo gardou



Se a pesar de todas as precaucións anteriores, topamos coa procesión e queremos salvar a nosa alma, hai que facer o seguinte:

Apartarse do seu camiño, non os mirar e facer como que non se lles ve.

Facer un círculo no chan con "la estrella de Salomón "(6 puntas) ou unha cruz dentro, meterse dentro deste círculo, rezar e non escoitar a súa voz. Coller algo, para non poder coller a cruz e mesmo facer coas mans algún sinal como os cornos ou a "figa", e, por suposto, non coller nunca a vela que nos ofrezan. Segundo a tradición popular, tamén é útil subir os chanzos dun cruceiro e exhibir unha cruz no caso de que se leve este tipo de amuleto. 

Un exemplo podémolo ver neste fragmento de película baseada na obra de Wenceslao Fernández Flórez, O Bosque Animado.:


http://www.youtube.com/watch?v=iC8abDI4QF8







No hay comentarios:

Publicar un comentario