sábado, 18 de mayo de 2013

Un edificio cóntanos a historia


A historia do modo en que se ve habitualmente, paréceme aburrido e pouco orixinal, é dicir, os historiadores ou quenes queiran que sexan os encargados de vender iso, son pouco orixinais. Hai mil e un modos de percibir épocas pasadas hoxe en día, moito máis atractivas e peculiares que un libro de texto, que unha revista, que un documental, que é a nosa porpia percepción, e que ás veces descoñecemos polo noso propio interés. POr exmplo podemos estar a estudar encerrados na biblioteca durante toda a tarde a Franco ou a transición, e sen embargo a uns poucos metros, no mundo real, temos a proba palpable e demostrable da estatua de Franco, fruto dese réxime, coa súa posterior (e tardía) remodelación.
Encantaríame ter a posibilidade de poñer unha cámara nun edificio, e ir vendo ao longo dos anos como foi cambiando todo, de cántos acontecementos de maior ou menor importancia foi testigo ese edificio.
Imaxinade a posibilidade de ver o cambio da poboación dependendo da etapa histórica, cambios sociolóxicos, os seus cotumes... Por non dicir xa, poder reconstruir feitos pasados de importancia, que tiveron lugar en prazas, en sitios emblemáticos, en edificios, tomados polas xentes, en rebelións, en manifestacións...

Como para min, o ideal é explicar todo dende a maior proximidade posible, unha vez máis escollo de exemplo a Ferrol, neste caso a plaza de España e en concreto un edificio de moitos que a compón e rodea, entre bancos, cafeterías, hoteis e biblioteca, que permanecen impasibles e inamovibles ante a nosa mirada; trátase do archicoñecido edificio Hollywood, que foi residencia militar, e agora tamén ligado a esa materia, xa que esta cidade está inundada de restos deste tipo, dende Carlos III, ata Franco.
Pois ben, pola súa localización, libre de todo entorpedemento, resalta, illada en medio da praza de España, e pola súa arquitectura grandiosa e colosal, sempre me chamou a atención, por iso o elixín como testigo ideal dos sucesos.
Empezaré explicando como era antes de plantear un proyecto urbanístico ya que era un campo que lo rodeaba las casas del barrio de Recimil, constaba de unas "puertas" hacia la parte actual del centro, y hacia la otra parte, la carretera de Castilla ya eran las afueras.
Pouco a pouco comezaríase a súa construcción no ano 1938, pero debido aos problemas económicos ocasionados pola guerra se pospondrían as obras ata o ano 1940.


Campos de Recimil antes de la construcción de casas


Proceso de construcción de viviendas de Recimil

Obras en la plaza en el año 1938

Obras aplazadas hasta el año 1940









 En el año 1954 tiene lugar la construcción del edificio que había escogido para contar la historia más reciente, la que nos compete, el edificio Hollywood, como residencia de militares y altos oficiales que visitasen la ciudad, sede de gran importancia militar durante el franquismo




 Ferrol nos anos 50 aínda se estaba habituando á recente reforma do goberno, tomada no ano 1945, de nacionalizar tódalas dársenas e estaleiros baixo o nome de Bazán, pilar básico de sustentación desta cidade.




Exacto, aquí está o gran cambio, o gran feito, o que todos esperabades. No año 1964 é cando se coloca a estatua de Franco como poderedes ver na imaxe.



Isto nace como obsequio da cidade ao dictador, a idea surxiu para expresar a admiración como cidade natal, os promotores de tal proxecto foron os encargados do Casino e ao estar relacionado coa élite da cidade, pronto se extendeu a iniciativa, que finalmento foi apoiada por todos.
O escultor, Federico Coullat-Valera, inspírase nun paseo que fixo o Xeneralísimo montado en caballo en Madrid para revisar as tropas no desfile da Victoria.
Sen embargo o fervor ferrolano e as súas boas intencións, non fixeron mella no Caudillo, xa que se negou a inaugurala por su fealdad e desmesura.

A situación de España  nesta etapa do franquismo, polo tanto tamén Ferrol, é de unha lixeiro pero efectivo crecemento económico, déixase atrás a etapa autárquica, era un pais industrializado, pero non desenvolvido, respecto ao campo, no resto de España disminuiu a emigración, pero en Galicia mantíñase alta.
A progresiva liberalización política posibilitou a aparición dunha cultura ao marxen e oposta ao réxime, emitiuse unha nova lei de prensa, o movemento cultural e artístico aumentou, aínda que sempre co risco da represión política que pese a todo, seguía vixente.





É nas portas da morte de Franco, na palpable e inminente transición cando os sectores da poboación antes duramente reprimidos empezan a atreverse por exemplo a secudar manifestacións e protestas, non sen temor nin perigo, como pode ser o caso da que tivo lugar en Ferrol en marzo de 1972, xa tratada nunha entrada antiga.

Esta movilización naceu como reivindicación dun novo convenio colectivo de Bazán, os altercados levaron á morte de dous homes e á detención de numerosos participantes da folga.
Houbo grandes concentracións na plaza de España porque a estatua ecuestre representaba a represión, iso polo que dous homes xa non vivían.

Manifestación ás portas do barrio Recimil
Finalmente o dictador morre no 1975, con ese "Españoles, Franco ha muerto", ábrese camiño hacia a democracia e con iso móstranse xa abertamente todos as tendencias de esquerda, sindicalización e unha explosión de tendencias antes reprimidas.



Non había franquismo, pero Franco "seguía en Ferrol" , mirando dende a súa estatua, foi testigo das bombas colocadas polo Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive, grupo terrorista operativo dende o ano 1987 ata o 1991, que pretendía a independencia de Galicia.
¿Porqué a colocación das bombas aquí? 
Como resposta pola detención duns membros do Exército Guerrilheiro en Pontevedra executores dun coche bomba, simbolizando a destrucción definitiva dos restos de aquel réxime opresor de Galicia, vetando a súa independencia e estatutos.

Un dos afectados pola bomba conta: "La estatua intacta, pero nuestros cristales de casa, rotos... Fue en mitad de la noche, se oyó una terrible explosión pero no entendíamos nada, qué era lo que estaba pasando".


Aparte das reivindicacións políticas a estatua tamén foi obxecto das revoltas sociais como pode ser a loita dos dereitos homosexuais. As consecuencias foron que Franco terminou tinguido de rosa no día do orgullo gay. Estou segura de que non lle sentaría del todo mal.


Comeza a loita, as idas e venidas, a vergoña de moitos ferrolanos, nostálxicos, paseantes que miraban de soslaio as continuas obras, pero comecemos polo principio.

No ano 2002 retírase a estatua como ordenanza do alcalde Xaime Bello do BNG, para unha futura remodelación da plaza. Aunque en realidade fora para evitar altercados como foco problemático.







Esta iniciativa viría seguida de numerosas reformas que facían máis e máis dano nos corazóns , sobretodo maiores, dos cidadáns. A historia interminable, a historia de nunca acabar.

As obras iniciáronse no 2002, pasaron 4 alcaldías, e hoxe no 2013 foi aínda cando se poden dar por finalizadas (?)... Qué hai todo o espacio baldeiro que hay no subterráneo? Sí, fíxose un aparacadoiro, pero e as antiestéticas vallas de madeira que están na praza intentando cubrir os espacios desaproveitados, que pretendne facer con elas? Invertíronse 18 millón de euros, con dúa remodelacións, primeiro ésta:





E logo a que parece ser definitiva:



Sí, moitas persoas dinme: "Ti non recordas a praza de España, qué pena", perdoen señores, pero sí, a recordo, recordo o "desterro" da estatua, claro está no tiña nin idea de o porqué, tamén recordo o destrozo que sufre calquer espacio cando vai ser reformado, é dicir, o levantamento de xardíns e estradas. A dicir verdade non consigo rememorar máis, pero o vivía como algo anecdótico.
O tráxico para min, foi ver anos tras anos os obreiros día tras día, pero que eu nin atisbaba en como iba a acabar a cousa.
Bueno parace que por fin se pode inaugurar (foto 1), pero a decepción non foi pequena cando me encontro que o mobiliario urbano está oxidado, todo era terriblemente frío, marmóreo e desolador.
Había unha fonte xigante no medio e medio, o cál era o único sitio (para min) un pouco agradable, de feito subiamos alí porque as vistas da carretera de Castilla de noite, con todas as luces encendidas era magnífica.
De repente, volven os obreiros e destrúen outra vez o logrado (e invertido), tiñen entre manos un noco proxecto, do que gozamos hoxe en día, que polo que se ve, e sen indicios dunha nova reforma, é o definitivo.

Sendo sincera e non melodramática, creo que hai que mirar as cousas dunha nova perspectiva.
O feito de que quitaran a estatua de Franco non tiña porqué vir acompañada de tal reforma.
Os motivos polos que se fixo parécenme bos: Ferrol carecía dun espacio amplo e diáfano, onde podan estar todos os cidadáns; parque para nenos, zona de moito tránsito que conecta o centro e os ensanches, e ademáis territorio bancario, coa sede da Xunta e estudiantil, conectando co campus de Esteiro, biblioteca municipal, etc. ; polo tanto a opción de facela peatonal non estaba mal, sen embargo entorpecéronse os accesos á cidade, ademáis en cuestións estéticas non é tan gloriosa e colosal coma antes.
Outro erro, é o diseño, non encaixa co estilo de Ferrol, foi un intento de modernización, nunha cidade que non é moderna. Creo simplemente que non se atendeu e coñeceu ben o enfoque, estilo e desexos ferroláns. Non foi tanto un erro o desmantelamento da antiga praza, como o deseño da nova praza.

E todo isto, para rematar, e como comezaba a entrada, a ollos do edificio Hollywood, non me digades que non sería interesante ver a cámara rápida tódolos procesos e reformas: dende os inicios da construcción urbanística, a colocación da estatua coa entrada dun novo réxime que aguntaría décadas,coas súas protestas como o movemento do 72, a chegada da democracia e a apertura dos novas tendencias, algunhas terroristas, (colocación da bomba por parte do Exército Gherrilheiro) e algunha sociais (pintura rosa no día do orgullo gay), o estreno dun novo milenio co cál despediuse o eterno monumento ecuestre, e a odisea das reformas pouco convincentes.

Vedes como se escolledes un edificio calquera vos pode contar mil e unha historias?

No hay comentarios:

Publicar un comentario