miércoles, 5 de junio de 2013

Historia filosóficamente falando

Propoño un plantexamento da historia dende unha perspectiva filosófica.
A que vos soa a palabra historia? Con qué o relacionades? Cáles son os primeiros pensamentos que seguen á esa palabra?

Confeso que a min, particularmente a historia gústame, pero cos termos cos que eu a relaciono, non son para nada bos: rancia, aburrida, costosa, memorización, complicada, inexplicable, irrevocable, inevitable, repetida, fechas, guerras, lonxana, inimaxinable, imperceptible, inabarcable, inconclusa, manipulada... E un sin fin de sentimentos que vosoutros supoño que tamén tedes, e máis, cando Manolo anunciou a temática destes traballos non estaba para nada motivada, buscaba en google, tódolos temas que me ofrecía considerábaos máis que tópicos, aburridos, xa coñecidos, traballados, investigados... Polo tanto decidín mostrar que é para min a historia.


Creo que estamos nun punto bastante importante, ou polo menos decisivo na historia máis cotemporánea: o capitalismo sostense penosamente, as críticas caen sobre él tanto politicamente, como sociolóxicamente ou económicamente, xa que un sistema cando se instaura, acaba abarcando eses tres campos; estamos na transición, de non sei moi ben qué, a crise? Case nin me acordo de como comezou, sei que España pasou a estar na boca de tódalas noticias internacionais, cuestiono día a día o que vai ser de nós, mentres tanto, no meu día a día, estudo economía e historia como unhas asignaturas de clase, e non como uns saberes aplicables ao presente máis real, a esta situación, ás veces, sí que podo recoñecer os procesos que se dan antes de unha guerra, o de un cambio de goberno brusco que acabará sometendo á poboación á súa propia cruz, ben sexa elixindo ese cambio democráticamente ou pola forza como unha comparación, como unha serie de pasos premonitorios do que acontecerá.
Este discurso, non pode ocultar unha preocupación latente en min, e case un enfado, quixera ter a posibilidade de ter unha mirada restrospectiva sobre o presente, pero é imposible; tamén oxalá puidera ser capaz de recoñecer o que nos está pasando, creo que me entendedes; en moitas ocasións no momento de estudar historia parece que a xente de esa época era tonta, que non se estaban dando conta da importancia do que lles acontecía, que non espertaban, punto a donde quero eu chegar, nós... temos que espertar? Temos que espertar de algo do que non nos estamos a dar conta?
Medo, deberíades sentilo, sé que son algo tráxica, pero non podo evitar cuestionarme se vai haber un cambio tarde o temprano nas nosas vidas, na maior parte da pobación que somos esa clase media, de como serán as cousas en 40, 50 anos, nons digo máis, avanzamos, moitísimo, a unha velocidade de vértigo, pero quen nos di, que este rápido avance, virá seguido dun obrigado retroceso? Dun necesario paso atrás?
Creo que todos ou case todos podemos gozar dunha vida acomodada, e sobreacomodada, e eu pregúntome, que será dentro de uns anos, a miña vida cotiá, tanto persoalmente (que tamén considero historia) , é dicir, os modos de vida, os nosos modos de vida, rapaces de 17 anos, cómo cambiarán?
Qué papel tendrán na historia, xa que dende logo, iso también cambia, os nosos pais e avós, nin por asomo tiñan a nosa vida, non se se mellor ou peor, non entrarei en xuízos.

Ofrézovos agora una exemplo da miña rutina, non ten ningún valor, agora, pero imaxinade dentro de 100 anos, este vídeo, o día a día de millóns de adolescentes, isto é historia:

 http://falandoconmorrina.blogspot.com.es/2013/05/historia-filosoficamente-falando.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario